Paremos a reflexionar un intre ¿temos que deter este cancro dos montes?
É normal que en comarcas coma a de Verín, camiñes por onde camiñes, non vexas máis ca montes queimados. Xa se fai difícil atopar unha carballeira, un monte con arbustos e árbores autóctonos. Cada ano que pasa estes incendios dannos unhos montes máis ermos. Un empobrecemento do que era unha rica flora e fauna. Un importantísimo empobrecemento do destes suelos, cada ano máis difíciles de recuperar.
Invítovos a lectura do libro publicado polo Consello da Cultura Galega, titulado “OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA ” (Coordinadores: Francisco Díaz-Fierros e Plácido Baamonde)
"... Despois da longa e intensa estiaxe deste ano 2005, que favoreceu un incremento moi importante dos incendios forestais en Galicia, a sensilibilidade colectiva sentiuse, unha vez máis, fondamente magoada polas tráxicas experiencias e impresións que viviu, ao tempo que a fría contabilidade empeza a dar conta das inxentes perdas materiais, algunhas delas irreversibles, como as do solo, que comeza a marchar cara ao mar coas primeiras chuvias do outono..."
0 comentarios