Blogia
Mantemento Industrial - Ciclos Formativos - F.P. - Galicia

Viaxar polo mundo con Flash Earth

Viaxar polo mundo con Flash Earth

 

Flash Earth é unha ferramenta desenvolvida en flash que usa diversos motores de mapas, entre eles, Google Maps. Realmente permítenos navegar arredor do mundo coma se estivésemos en Google Maps pero desenvolvido en flash, permitíndonos realizar zoom sobre as zonas sobre as que estamos a voar e mesmo dispón dun buscador para irnos á zona desexada.

Usa as diferentes aplicacións:

  • Google Maps
  • Microsoft VAI (aerial e labels)
  • Yahoo Maps
  • Ask.com (aerial e physical)
  • OpenLayers
  • Nasa Terra.


O certo é que estando na mesma posición, con Google Maps obtemos máis detalles das zonas, polo tanto podémonos achegar moito máis do que nos podemos achegar cas outras aplicacións, aínda que con Microsoft, Yahoo e Ask tamén funciona no noso país, pero cunha maior limitación á hora de achegarnos mediante zoom.

Votálle unha ollada a:

 

1.- Verín
2.- O ceo de Galicia

 

 

 

http://www.flashearth.com/

 

0 comentarios