Blogia

Mantemento Industrial - Ciclos Formativos - F.P. - Galicia

mecanizadofacil.net -- Todo o que queiras coñecer do mecanizado e do mundo do metal.

mecanizadofacil.net  -- Todo o que queiras coñecer do mecanizado e do mundo do metal.

Temos na rede o portal www.mecanizadofacil.net , desde Lugo o profesor de Formación Profesional José Romero, acaba de crear este portal, no que nos mostra dunha forma sinxela información sobre o mundo do mecanizado.

Estamos de parabéns, todos os que traballamos ou estudamos áreas profesionais relacionadas co mundo do metal; xa que neste se mostra información variada dos metais, soldadura, fabricación, automatización, centros de mecanizado, control numérico,…

www.mecanizadofacil.net

Seguridade laboral

Seguridade laboral

PANTALLA COMLETA      DESCARGA DO FICHEIRO

Fotografías do grupo e das instalacións


Aprender disfrutando do oficio que che gusta.

O CORREO ELECTRÓNICO (Gmail e Yahoo)

PANTALLA COMPLETA

Paremos a reflexionar un intre ¿temos que deter este cancro dos montes?

Paremos a reflexionar un intre ¿temos que deter este cancro dos montes?

É normal que en comarcas coma a de Verín, camiñes por onde camiñes, non vexas máis ca montes queimados. Xa se fai difícil atopar unha carballeira, un monte con arbustos e árbores autóctonos. Cada ano que pasa estes incendios dannos unhos montes máis ermos. Un empobrecemento do que era unha rica flora e fauna. Un importantísimo empobrecemento do destes suelos, cada ano máis difíciles de recuperar.

Invítovos a lectura do libro publicado polo Consello da Cultura Galega, titulado “OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA ” (Coordinadores: Francisco Díaz-Fierros e Plácido Baamonde)

"... Despois da longa e intensa estiaxe deste ano 2005, que favoreceu un incremento moi importante dos incendios forestais en Galicia, a sensilibilidade colectiva sentiuse, unha vez máis, fondamente magoada polas tráxicas experiencias e impresións que viviu, ao tempo que a fría contabilidade empeza a dar conta das inxentes perdas materiais, algunhas delas irreversibles, como as do solo, que comeza a marchar cara ao mar coas primeiras chuvias do outono..."

Participa no Parlamento de Galicia

Participa no Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia xunto coa Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria, presenta o Programa "Dialogo coa escola"

Todos os estudiantes galegos poderán participar nun concurso de vídeo, hip hop, cómic e fotografía a través da páxina web http://parlamentodegalicia.eudialogo.com. Nesta páxina atoparás fondos de escritorio, salvapantallas, pezas musicais Hip Hop, Videos, descargas, ....

Anímate, visita a páxina e participa.

 

Búsqueda de Libros en Internet

Búsqueda de Libros en Internet

Unha ferramenta de nova creación en Internet é o buscador de libros books.google.com. Esta ferramenta pon a nosa disposición gran cantidade de libros.

Permitiranos atopar libros do tema do noso interese. Estes poderemos léelos páxina a páxina, ou coa axuda da propia ferramenta, poderemos buscar citas dentro de este mesmo libro.

Dirección da ferramenta: http://books.google.com

A continuación terás un exemplo:

Título: "Carpinteria: Puertas, ventanas y escaleras de madera "

Autor: José Enrique Peraza Sánchez.

Proba primeiro buscar ese libro, unha vez que o atopes, busca dentro del o apartado "Diseño y tipología de puertas" (Ten en conta, que o libro que estamos utilizando no exemplo, está escrito en castelán)

Resultados: O libro aparece en en esta dirección

O apartado -Diseño y tipología de las puertas- aparece na seguinte dirección .

Agora non falta máis ca pensar no que nos interesa buscar, e a ler. A Biblioteca está máis cerca ca nunca.