Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2006.

12/12/2006

Participa no Parlamento de Galicia

20061212103355-dialogocescola.gif

O Parlamento de Galicia xunto coa Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria, presenta o Programa "Dialogo coa escola"

Todos os estudiantes galegos poderán participar nun concurso de vídeo, hip hop, cómic e fotografía a través da páxina web http://parlamentodegalicia.eudialogo.com. Nesta páxina atoparás fondos de escritorio, salvapantallas, pezas musicais Hip Hop, Videos, descargas, ....

Anímate, visita a páxina e participa.

 

Etiquetas:

12/12/2006 11:03 Autor: Manuel López. Enlace permanente. Tema: Novas na Rede No hay comentarios. Comentar.

14/12/2006

Paremos a reflexionar un intre ¿temos que deter este cancro dos montes?

20061218101941-incendio.jpg

É normal que en comarcas coma a de Verín, camiñes por onde camiñes, non vexas máis ca montes queimados. Xa se fai difícil atopar unha carballeira, un monte con arbustos e árbores autóctonos. Cada ano que pasa estes incendios dannos unhos montes máis ermos. Un empobrecemento do que era unha rica flora e fauna. Un importantísimo empobrecemento do destes suelos, cada ano máis difíciles de recuperar.

Invítovos a lectura do libro publicado polo Consello da Cultura Galega, titulado “OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA ” (Coordinadores: Francisco Díaz-Fierros e Plácido Baamonde)

"... Despois da longa e intensa estiaxe deste ano 2005, que favoreceu un incremento moi importante dos incendios forestais en Galicia, a sensilibilidade colectiva sentiuse, unha vez máis, fondamente magoada polas tráxicas experiencias e impresións que viviu, ao tempo que a fría contabilidade empeza a dar conta das inxentes perdas materiais, algunhas delas irreversibles, como as do solo, que comeza a marchar cara ao mar coas primeiras chuvias do outono..."

Etiquetas: ,

14/12/2006 18:33 Autor: Manuel López. Enlace permanente. Tema: Novas da comarca No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]